Datos Club

Historia
O noso club foi un dos pioneiros da ximnasia artística e o trampolín en Galicia (ano 1985). O seu fundador fundamental, foi o desgraciadamente falecido, Paco Carballeira.
Antigamente atopabámonos ligados ao Colexio Ibañez Martín (de aí o antigo nome do club) e utilizábamos as súas instalacións para os adestramentos.
Na actualidade o club atópase desligado do colexio e as súas instalacións, polo que nos pareceu máis oportuno cambiar a denominación por un nome que nos identificase máis coa nosa contorna, Ferrolterra.
O noso club é unha entidade humilde, onde as relacións humanas e os valores predominan por riba dos demais aspectos, pero ademais diso tamén obtivemos grandes resultados deportivos ao longo da nosa historia .
Entre os ex-ximnastas do noso club atopamos campións de España, campións galegos, subcampións de España de Clubs, etc.
Onde estamos:
Adestramos no Polígono de Vilar do Colo en FENE, C/Lastre , Parc. I-9 - nunha Nave que ten o Club alugada. 

Días e Horarios de Adestramento
Os días e horas de adestramentos son os seguintes
 Luns, de 16:00 a 21:00 horas
 Martes de 16:00 a 21:00 horas
 Mércores de 16:00 a 21:00 horas
 Xoves de 16:00 a 21:00 horas
 Venres de 16:00 a 21:00 horas
Sábados de 10:00 a 14:00 horas
Club Ximnasia Ferrolterra
Enderezo: Rúa Fonte do Campo, nº 43A - 15500 FENE
(A CORUÑA)
NIF: G15230931
Directiva Club
Presidente: Emilio Sas Ponte
Secretaria Xeral: Sonia Busto Naveira
Tesoureira: Laura Cruz Martínez 
Vocal: Eloisa Carolina Díaz Fernández
Vocal: Mª Carmen Cruz Martínez
Corpo Técnico:
Olalla Sas Cruz
Carmen Carballeira Caeiro
Borja Díaz Díaz
Laura Pena Fernández
Carla Pena Fernández
Lucía Martínez Dopico
Judith Lago Varela
Maria Tyesha Vicente Humphries
Carme Sas Cruz

Tfnos Contacto: 659339996, 659353187
Share by: